Nacionalismo galego

Estreleira, utilizada polo nacionalismo de esquerdas a partir da segunda metade do século XX.

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego.[1][2][3][4] Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

Emprégase a verba nacionalismo para designar o corpo de doutrinas que informan todo movemento de reivindicación da personalidade dos grupos naturais por frente da sorbencia dos Estados históricos. Neste mesmo senso empregámola nós. Nacionalismo galego quere dicir polo tanto, a doutrina que informa o movemento de reivindicación da personalidade de Galiza frente da sorbencia do centralismo español.[5]

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade.[6] A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

  1. Unha nación é soberán e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites que os derivados do respeito ao dereito igoal das demais nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente.
    Castelao. Sempre en Galiza.
  2. "Principios do BNG.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  3. "A Frente Popular Galega.". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2008. Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  4. V Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular.
  5. Risco, Vicente. Teoría do nacionalismo galego. Fundación Vicente Risco.
  6. Cuberta do libro coordenado por Francisco Carballo, Historia de Galicia, Edicións A Nosa Terra, 1996, ISBN 84-89138-65-6.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search